Esta mañá comezaron xa as clases regulares. Cada un xa sabía cal era o seu grupo e a aula á que tiña que dirixirse. Só quedaba coñecer o profesor/a e os compañeiros de clase.
O domingo pola tarde cando chegamos á escola estabamos nos sós, pero hoxe había moitos máis alumnos, a maioría facendo aínda o test. Os nosos están repartidos entre os diversos grupos que hai nesta escola de e outro grupo máis desprázase ata a outra escola uns poucos metros máis arriba.
No descanso, ás 10 e media, comentaron as primeiras impresións das clases , en xeral positivas, aínda que algúns consideran que estudar no verán é un rollo. Tamén comentaban as nacionalidades dos seus compañeiros de aula. Predominan os españois e italianos (coma sempre) e tamén hai algúns franceses, rusos e húngaros.
Carmen levouse uha sorpresa, xa que se atopou cun antigo compañeiro de facultade, ao que non vía desde había 15 anos, que acude a Malahide cos seus alumnos valencianos despois de que ela lle falase telefónicamente desta escola. E é que o mundo é un pano!
Ás 12, pausa para comer, no parque. E ás 12 e media, reunión diante da escola para marchar a Dublín, neste caso acompañados xa de Kate, a guía, vestida coa súa camiseta verde esmeralda, emblema do país e este ano, ao parecer, tamén uniforme das guías da escola.
Visitamos o Trinity College e puidemos ver o Book of Kells e outros códices, como o Book of Dimma ou o Book of Armagh, e tamén a exposición didáctica “Volvendo da escuridade á luz” que explica o labor dos amanuenses e miniaturistas e o complicado proceso de encadernación dos pergamiños. Despois subimos á The Long Room, a impresionante biblioteca de 65 metros de lonxitude onde se gardan 200.000 volumes, documentos e manuscritos, xunto coa arpa gaélica, símbolo nacional de Irlanda. Nesta ocasión había tamén unha exposición temporal sobre The Irish in Indian
Rematamos a visita coa tradicional foto de grupo diante do campanario.
E, despois dun tempo libre que dedicaron a pasear pola cidade ou visitar algún Starbucks, regresamos no tren –hoxe si- a Malahide a tempo para cear.





