Mostrando entradas con la etiqueta 16 DE XULLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 16 DE XULLO. Mostrar todas las entradas

16 jul 2010

16 DE XULLO

Remataron as clases e, despois de tanto esforzo, chegou a recompensa merecida: os diplomas que acreditan a realización do curso.


 Viky, Enrique, Iago, Irina, Iria e Lúa amosan os símbolos de Irlanda con que foron agasallados.


 Uns locen a bandeira no brazo,


 Iria e Lúa escollen os trevos,

 mesmo na cara, como Nacho. 



Despois das clases, hoxe decidimos preparar pola nosa conta un programa de actividades para a tarde. Collemos o tren ata Howth.
E, mentres agardabamos o transbordo en Howth Jonction, aproveitamos para felicitar a Carme polo seu santo cantándolle unha canción. 



Demos un bonito paseo por Howth. Pasamos polo porto pesqueiro e vimos varias focas á espera de pillar algún peixe. Sen embargo, non vimos a balea que onte andaba polo lugar e que se converteu na noticia do día en todos os telexornais.


Tamén paseamos polo porto deportivo e percorrermos o longo espigón que nos levou ata o faro, fronte a Malahide.
Susana e Virginia ante a Ireland's Eye, a illa situada fronte a Howth.


Logo do paseo, collemos o tren e fomos a Dublín para visitar un museo que non tiñamos previsto, pero que non queriamos abandonar Irlanda sen telo visto: o National Museum of Ireland de Arqueoloxía. Vimos a Colección Ór, que reúne xoias de ouro -colares, brazaletes, broches, pendentes- da Idade de Bronce, tamén a piragua do terceiro milenio antes de Cristo e a  máis antiga embarcación de Irlanda, e tamén as 4 impresionantes figuras humanas momificadas,convertidas en coiros.
Despois, cruzamos o río pola Sean O'Casey Bridge, ao lado da recén aberta Samuel Beckett Bridge, de Calatrava.


 Virginia e Susana a carón do Liffey.

Diego, Carlos G. e Carlos E. e ao fondo a Samuel Beckett Bridge.


 E chegamos ao Famine Memorial, un grupo escultórico que lembra a Great Famine o Great Hunger, a tremenda fame que viviu Irlanda a mediados do XIX, debido á perda da colleita de patacas por causa dun fungo. Entre as mortes producidas pola fame e polas epidemias, e a emigración a outros países, Irlanda perdeu un cuarto da súa poboación.




 E, xa sen tempo para máis nada, regresamos a Malahide.Hoxe agárdanos un duro traballo: facer as maletas e intentar meter todo canto compramos. Non vai ser fácil!