Reunión no descanso.
Despois de comer fomos a Dublín para visitar a Christ Church Cathedral, un das tres catedrais da cidade e a máis antiga das dúas medievais (s.XI). Mentres agardabamos, aproveitan para facer que dormen, e fano moi ben.
Percorremos as naves lendo as explicacións do folleto que nos entregaron e descendemos tamén á cripta para ver, entre outras moitas cousas, a parella do gato e o rato momificados que quedaron atrapados entre os tubos do órgano.
Despois cruzamos a rúa e visitamos Dublinia & the Viking World, a recreación interactiva da época viquinga.
Alejandro, un very Viking Man.
E Carlos, espectacular!
E, tras un breve tempo libre por Temple Bar, regresamos a Malahide.







