Mostrando entradas con la etiqueta 10 DE XULLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 10 DE XULLO. Mostrar todas las entradas

10 jul 2010

10 DE XULLO

Hoxe fixemos a visita a Glendalough, o "Val dos dous lagos", na zona das Wicklow Mountains, para ver o mosteiro fundado por San Kevin no s. VI.

O día comezou con chuvia e o parte meteorolóxico anunciaba chuvas intensas ao mediodía. Pero tendo parauguas e chuvasqueiros, que importa a choiva? Non nos vai impedir seguir cos nosos plans. Chove en Galicia, chove en Irlanda... Cal é o problema?
Ás 9 collemos o autobús que nos puxo o colexio para a viaxe, neste caso xunto cun grupo de italianos, do val d´Aosta. Logo dunha hora de viaxe, e tras percorrer de novo paisaxes fermosísimas, chegamos a Glendalough, e aí comezaron os problemas: a profesora dos italianos decidiu que, posto que chovía, non se podía visitar o lugar e era mellor ir a un centro comercial para comer. Nós decidimos que non iamos regresar sen ver aquilo que nos levara ata alí, non tiña sentido dar a volta sen ver nada. En fin, discrepancia de opinións. Vese que os do Val d'Aosta lle teñen medo á choiva.

No Visitor Centre vimos primeiro un interesante documental sobre os mosteiros irlandeses, a súa simboloxía... que dá para pensar que tendo nós o extraordinario patrimonio artístico que temos, por exemplo o románico ourensán, sen embargo que mal o vendemos.


A inscrición desta pedra é ben parecida ao noso petroglifo de Mogor

Glenealo River.

Logo, visitamos a Monastic City, vimos a Round Tower (ss. X, XI)


e tamén a Sant Kevin's kitchen, o oratorio do s. XI-XII



e volvemos xa ao autobús para, despois dunha hora e pico de viaxe, chegar, agora si, ao Shopping Centre de marras, no sur de Dublín, onde comemos, fixemos algunhas compras e, despois, regresamos a Malahide.

Mañá faremos o percorrido en tren pola baía de Dublín nos sós, ao noso aire, que é como mellor estamos.