6 jul 2010

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

LUNS, DÍA 5
Esta mañá comezaron xa as clases regulares. Cada un xa sabía cal era o seu grupo e a aula á que tiña que dirixirse. Só quedaba coñecer o profesor/a e os compañeiros de clase.


O domingo pola tarde cando chegamos á escola estabamos nos sós, pero hoxe había moitos máis alumnos, a maioría facendo aínda o test. Os nosos están repartidos entre os diversos grupos que hai nesta escola de  e outro grupo máis desprázase ata a outra escola uns poucos metros máis arriba.

No descanso, ás 10 e media, comentaron as primeiras impresións das clases , en xeral positivas, aínda que algúns consideran que estudar no verán é un rollo. Tamén comentaban as nacionalidades dos seus compañeiros de aula. Predominan os españois e italianos (coma sempre) e tamén hai algúns franceses, rusos e húngaros.
Carmen levouse  uha sorpresa, xa que se atopou cun antigo compañeiro de facultade, ao que non vía desde había 15 anos, que acude a Malahide cos seus alumnos valencianos despois de que ela lle falase telefónicamente desta escola. E é que o mundo é un pano!




Ás 12, pausa para comer, no parque. E ás 12 e media, reunión diante da escola para marchar a Dublín, neste caso acompañados xa de Kate, a guía, vestida coa súa camiseta verde esmeralda, emblema do país e este ano, ao parecer, tamén uniforme das guías da escola.



Visitamos o Trinity College e puidemos ver o Book of Kells e outros códices, como o Book of Dimma ou o Book of Armagh, e tamén a exposición didáctica “Volvendo da escuridade á luz” que explica o labor dos amanuenses e miniaturistas e o complicado proceso de encadernación dos pergamiños. Despois subimos á The Long Room, a impresionante biblioteca de 65 metros de lonxitude onde se gardan 200.000 volumes, documentos e manuscritos, xunto coa arpa gaélica, símbolo nacional de Irlanda. Nesta ocasión había tamén unha exposición temporal sobre The Irish in Indian



Rematamos a visita coa tradicional foto de grupo diante do campanario.


E, despois dun tempo libre que dedicaron a pasear pola cidade ou visitar algún Starbucks, regresamos no tren –hoxe si- a Malahide a tempo para cear.

2 comentarios:

  1. Jose Manuel Gargallo Abelairas6.7.10

    Grazas.
    Polo diario da estancia en Malahide. Prodúcenos moita ledicia comprobar o interese das profesoras e o seu esforzo á hora de transmitir todas as actividades, incluídas fotos, que se realizan.
    Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas súas palabras. Só queremos compartir un pouquiño do que por aquí sucede. Os rapaces están tendo un comportamento excelente e está sendo unha boa experiencia para todos.

    ResponderEliminar