4 jul 2010

UN DÍA COMPLETO

Hoxe o día comezou cedo, moi cedo. Ás 4 e media xa é día e a ausencia de persianas fai que gocemos do mencer moito antes do desexado.


Ás 9 reunímonos todos, ninguén faltou á cita, na estación para coller o tren a Dublín. Uns chegamos andando, outros leváronnos amablemente en coche, a pesar do madrugón de domingo que isto lles supuxo. Todos chegaron encantados coas familias e comentaron a amabilidade con que os trataron. Todos, excepto un caso que se solucionou pola tarde en canto expuxemos a situación ás responsables do colexio, que axiña lle adxudicaron unha nova familia.

Tomamos primeiro solemne posesión da estación de Malahide


e tamén do tren, do Dart, no que desde hoxe nos desprazaremonos a cotío para as actividades da tarde.





E, xa en Dublín, cumprimos puntualmente co manual do perfecto turista:

paseamos por Talbot Street e fixemos unha primeira parada na tenda Carrolls,

fotografámonos na estatua de James Joyce, á que alguén sacou un parecido con Castelao (debe de ser polos lentes e o chapeo),

fixemos un tour no bus, un longo paseo que comezou cun sol marabilloso, de súpeto caeu un chaparrón que empapou a máis de un (para o que xa están preparados no bus, pois levan un rolo de papel para secarse) e rematou de novo con sol radiante. Así de variable é o tempo en Dublín!


Tamén cruzamos o Ha’penny bridge

e paseamos por Temple Bar,
fotografámonos diante da estatua de Molly Malone,


e fixemos unha paradiña para reponer forzas no pub no O’Neills porque isto de turistear abre moito o apetito.

Despois de xantar demos un paseo por Grafton Street e polo precioso parque de St. Stephen’s Green, no que houbo tempo para botar unha partida ó UNO.



Despois de tan agotadora xornada, era a hora de regresar no tren a Malahide para realizar na escola o test para ver en que nivel vai estar cada alumno (a). E xa na estación de Pearse, mentres agardabamos a chegada do tren, comunicáronnos que a vía estaba cortada porque o vento tirara varias árbores. Volvemos entón en bus e chegamos á escola a tempo para o exame, que resultou moito máis sinxelo do que esperaban. Corrixidos os tests, fixeron os grupos e entregáronlles os libros de texto.

Mañá agardamos que sexa un día máis repousado. Ás 9 comezarán as clases  e ás 12 e media as actividades da tarde, á que nos acompañará Kate, a guía da escola. Volveremos a Dublín para visitar o Trinity College.

2 comentarios:

  1. Precisos e preciosos comentarios. Un luxo tervos aí a cargo da nosa desencendencia. Parece que tedes bo tempo, polas fotos. Que siga. Tomade un moio -ou dous- de Guiness á saúde dos pais e nais que aqui estamos. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Temos bo tempo, temos bo humor e temos moi bos rapaces connosco.
    E a Guiness, coma sempre, moi boa; de momento conformámonos cos glasses, aínda non chegamos ás pints.

    ResponderEliminar