7 jul 2010

6 DE XULLO

Segundo día de clase, xa de plena normalidade.
O tempo estase portando ben e estanos deixando comer o packed lunch no parque.


Pola tarde, nova viaxe ata Dublín. As esperas na estación fanse menos longas xogando ás cartas (ao UNO)


E, xa no tren, animadas conversas, aínda que o traxecto é moi curto.
Enrique e Alejandro tiveron sorte e atoparon cómodo asento.


Carlos Estévez, Carlos Gargallo e Diego .



Virginia e Susana, sempre inseparables.

Viky, Iria, Ruth e Carola



Andrea, Noelia, Irina, Adrián e Iago.

A actividade en Dublín consistiu nunha visita á  National Gallery para coñecer as obras máis significativas do museo. Mentres esperabamos á guía tivemos tempo para algunhas fotos.


Ébora e Estela aproveitaron aínda mellor o tempo.


Despois de quince minutos de espera, por fin tivo lugar a visita guiada.  E resultou unha visita rápida, rápida: 30 minutos e 4 cadros. E acabou.
De camiño para o St. Stephens Green Shopping Centre, fixemos unha paradiña diante da estatua de Oscar Wilde en Merrion Square.


De regreso, de novo tirados polo chan.


Mañá pola tarde non iremos a Dublín porque toca deporte: voleibol na praia de Portmarnock, onde xa de paso comeremos. Esperemos que o tempo acompañe e nos deixe disfrutar do día ao aire libre.

1 comentario:

  1. Se volvedes á National Gallery buscade un pequeno cadro de Goya case descoñecido, de tons amarelos, no segundo piso, non lonxe do ascensor, "Sleep", chámase, "o Soño", de 1800. Para min o inicio da arte moderna. Graciñas de novo.

    ResponderEliminar