21 jul 2010

O VÍDEO DA VIAXE

Aquí vai o vídeo da viaxe, con algunhas das imaxes destas dúas semanas en Irlanda.

Bo verán!

18 jul 2010

17 DE XULLO

E chegou o remate. O tempo pasa axiña e xa estamos de novo na casa.


E este blog-diario chega necesariamente á súa fin.


Agora é o momento de:

  gardar ben o diploma que recoñece o esforzo destes dúas semanas,

     ver as numerosas fotos e vídeos destes días irlandeses,

         meter os vaqueiros na lavadora,

             durmir e durmir por fin, sen estar pendentes do reloxo,

                 contar as experiencias e anécdotas da viaxe...


Aínda que tamén é certo que botaremos en falta moitas cousas (ou non):

 as casas sen persianas,

     as comidas no p. parque,

         os sandwichs con manteiga,

             as carreiras por Dublín para pillar o Dart,

                  as reunións no parque de Seabury,

                       as cancións no tren ou onde cadrase,

                            os paseos por Temple Bar...

As profesoras que acompañamos esta “expedición” queremos felicitar e agradecer aos rapaces e rapazas polo seu comportamento exemplar, polo seu bo humor, pola boa relación e cordialidade que tiveron sempre entre eles e con nós… Con rapaces así pódese viaxar a calquera lugar do mundo.

Cremos que os obxectivos previstos cumpríronse  e estamos satisfeitas dos resultados obtidos. Foi unha experiencia interesante e enriquecedora para todos.

That’s all (?)

Bicos para todos e todas. E FELIZ VERÁN!

16 jul 2010

16 DE XULLO

Remataron as clases e, despois de tanto esforzo, chegou a recompensa merecida: os diplomas que acreditan a realización do curso.


 Viky, Enrique, Iago, Irina, Iria e Lúa amosan os símbolos de Irlanda con que foron agasallados.


 Uns locen a bandeira no brazo,


 Iria e Lúa escollen os trevos,

 mesmo na cara, como Nacho. 



Despois das clases, hoxe decidimos preparar pola nosa conta un programa de actividades para a tarde. Collemos o tren ata Howth.
E, mentres agardabamos o transbordo en Howth Jonction, aproveitamos para felicitar a Carme polo seu santo cantándolle unha canción. 



Demos un bonito paseo por Howth. Pasamos polo porto pesqueiro e vimos varias focas á espera de pillar algún peixe. Sen embargo, non vimos a balea que onte andaba polo lugar e que se converteu na noticia do día en todos os telexornais.


Tamén paseamos polo porto deportivo e percorrermos o longo espigón que nos levou ata o faro, fronte a Malahide.
Susana e Virginia ante a Ireland's Eye, a illa situada fronte a Howth.


Logo do paseo, collemos o tren e fomos a Dublín para visitar un museo que non tiñamos previsto, pero que non queriamos abandonar Irlanda sen telo visto: o National Museum of Ireland de Arqueoloxía. Vimos a Colección Ór, que reúne xoias de ouro -colares, brazaletes, broches, pendentes- da Idade de Bronce, tamén a piragua do terceiro milenio antes de Cristo e a  máis antiga embarcación de Irlanda, e tamén as 4 impresionantes figuras humanas momificadas,convertidas en coiros.
Despois, cruzamos o río pola Sean O'Casey Bridge, ao lado da recén aberta Samuel Beckett Bridge, de Calatrava.


 Virginia e Susana a carón do Liffey.

Diego, Carlos G. e Carlos E. e ao fondo a Samuel Beckett Bridge.


 E chegamos ao Famine Memorial, un grupo escultórico que lembra a Great Famine o Great Hunger, a tremenda fame que viviu Irlanda a mediados do XIX, debido á perda da colleita de patacas por causa dun fungo. Entre as mortes producidas pola fame e polas epidemias, e a emigración a outros países, Irlanda perdeu un cuarto da súa poboación.




 E, xa sen tempo para máis nada, regresamos a Malahide.Hoxe agárdanos un duro traballo: facer as maletas e intentar meter todo canto compramos. Non vai ser fácil!

15 jul 2010

15 DE XULLO

Carlos, Susana, Enrique e Diego, na aula 4, a primeira hora da mañá, con Barry, o profesor de intermediate.





Pola tarde, logo das compras no Shopping Centre in Swords, despois de cear toca disco, ás 7 e media no local da parroquia de St. Andrews. E, de novo, sen os bailes irlandeses. Unha mágoa!


14 jul 2010

A primeira hora, os da room 7 esperando para comezar a clase.

Esta semana en Dublín desprazámonos ata a estación de Tara, que é a que nos queda máis próxima para as actividades da tarde. alí atopamos varios Poets Corner nos que podemos entreter a espera lendo algúns poemas:




E velaquí o equivalente ao noso "A boa esencia gárdase en frascos pequenos". Canta verdade din estes de Vodafone! Ha!




Hoxe visitamos a Guinness. Por suposto, a foto obrigada baixo o logo.


Coñecemos os ingredientes necesarios para a elaboración da cervexa, o seu longo proceso de elaboración, vimos a colección de botellas de distintas épocas, etc, para rematar no Gravity, o bar da última pranta que ofrece unhas extraordinarias vistas sobre a cidade.





E, xa de regreso, un día máis esperando polo DART, que xa está chegando.

13 jul 2010

13 DE XULLO

Martes. Último martes xa. As clases continúan ao seu ritmo normal, de 9 a 12, co habitual descanso ás 10:30.

Pola tarde desprazámonos ata Dublín acompañados de Owen, o novo guía, un rapaz moi salado, que se enrolla moi ben cos rapaces.

Na James Joyce Bridge, ponte deseñada por Santiago Calatrava, inaugurada en 2003, e 1ª das dúas pontes do arquitecto en Dublín.

A actividade de hoxe consistiu na visita ao Collins Barracks Museum, a sede máis importante do National Museum of Ireland, que contén o Decorative Arts and History Museum, situado nun inmenso edificio que foi cuartel do exército.
Unha hora non dá para moito pero puidemos percorrer as distintas salas que reúnen coleccións de moedas, obxectos de prata de uso relixioso e doméstico, mobiliario, tapices... unha gran variedade de pezas de gran beleza. Tamén vimos a exposición das Irish High Crosses, consistente na réplica das máis importantes cruces irlandesas. As dúas máis interesantes son as de Monasterboice, que nós xa vimos en vivo e en directo hai uns días.

 Foto de grupo con Owen no patio central do Collin Barracks Museum

Despois de visitar o museo, fixemos un pequeno traxecto en tranvía (o Luas), que era o único medio de transporte que nos quedaba por utilizar.
E, como sempre que viñemos a Dublín andamos con présas para coller o tren e regresar a  cear, hoxe cambiamos de plans e quedamos todos a cear na cidade, para deste modo ter tempo abondo para pasear, comprar. Reunímonos despois en Temple Bar e regresamos todos xuntos a Malahide.

12 jul 2010

12 DE XULLO

O luns, despois do descanso dominical -non exactamente- regresaron as clases. Carlos, Ruth e Carola, na aula de Upper Intermediate


Reunión no descanso.


Despois de comer fomos a Dublín para visitar a Christ Church Cathedral, un das tres catedrais da cidade e a máis antiga das dúas medievais (s.XI).  Mentres agardabamos, aproveitan para facer que dormen, e fano moi ben.


Percorremos as naves lendo as explicacións do folleto que nos entregaron e descendemos tamén á cripta para ver, entre outras moitas cousas, a parella do gato e o rato momificados que quedaron atrapados entre os tubos do órgano.




Despois cruzamos a rúa e visitamos Dublinia & the Viking World, a recreación interactiva da época viquinga.
   


Alejandro, un very Viking Man.


E  Carlos, espectacular!

E, tras un breve tempo libre por Temple Bar, regresamos a Malahide.

11 DE XULLO

O domingo foi un día especial. Todo o grupo se apuntou á excursión  voluntaria e pasamos un día moi agradable e, ao tempo, moi intenso. O sol luciu espléndido e permitiunos disfrutar do noso paseo de norte a sur pola baía de Dublín.
Ás 11 partimos de Malahide cara a Dalkey,  unha pequena vila onde residen algunhas celebridades irlandesas: os cantantes Bono, Enya e The Edge de U2 e tamén o director Neil Jordan. Nós tiñamos xa reservada a visita ao castelo. Despois de ver un documental sobre a historia da localidade, asistimos á visita guiada teatralizada por un grupo de actores. Primeiramente recibiunos unha delicada lady que nos contou a historia dos Tudor e nos foi amosando as dependencias do seu castelo.


Lord Charlie e Diego escoitaron atentamente.


A lady fuxiu en canto fixo acto de presenza o seu marido.

Despois, subimos ao primeiro andar do castelo e alí Adrián foi castigado no cepo (algo faría!).


Irea aguantou a extracción duns cantos dentes por parte do barbeiro.

Enrique soportou as súas técnicas cirúrxicas abondo dolorosas e o pobre acabou desmaiado.


Carlos amosounos as súas habilidades co arco.


 Despois paseamos pola torre do castelo, contemplando a fermosa baía e, por suposto, berramos "Hail the King!"


Máis tarde, o cociñeiro explicounos algunhas das súas "deliciosas" receitas.


En fin, unha actividade moi moi divertida e tamén unha interesante clase de inglés.
Despois aproveitamos para comer en fronte da illa de Dalkey


E Noelia e Andrea axiña atoparon cómodo asento para degustar o packed lunch.


Despois de comer, collemos o tren e continuamos ata Bray, centro tradicional de vacacións para os dublineses, cunha longa praia moi frecuentada. Atopamos un pequeno parque de atraccións e, aos poucos minutos, xa non había ningún rapaz á vista. A algúns localizámolos despois subidos neste artefacto.


O seguinte destino, xa de volta cara a Dublín, foi Sandycove. Achegámonos ata a Martello Tower, lembramos a presenza de James Joyce neste lugar e, sobre todo, a especial circunstancia de que é nesta torre onde se sitúa o capítulo primero da súa novela O Ulises. Falamos un pouco de Stephen Dedalus e de Leopold Bloom, lembramos o Bloomsday e, como non?, acordámonos do noso roteiro da Esmorga que tanto se lle asemella. Tamén lemos un pequeno fragmento do comezo da novela. En fin, unha brevísima clase de literatura, que nunca está de máis.


Fomos ata o Forty Foot, a piscina mariña onde se bañaban nus os homes e onde tamén se bañaron os personaxes de Joyce. Alejandro deuse o luxazo de tomar tamén un baño.  


  


Ante o abraio e envexa dos colegas.

Xa de volta en Malahide, ceamos e fomos ata o Grand Hotel onde o ICE reservara o salón Tara para que os españois puidésemos ver o partido. Unha gran sala, cunha gran pantalla, repleta de estudantes da escola.
Cumprimos eficazmente o noso papel de entusiastas seareiros

E celebramos a victoria. Irina especialmente.
Un día inolvidable!