9 jul 2010

9 DE XULLO

Hoxe no colexio foi para algúns día de exame: unha pequena proba de verbos, de preposicións, de textos... dependendo do grupo e do profesor.  No recreo comentaban as dificultades dalgunhas preguntas e nalgúns casos xa tiñan o exame corrixido e a nota obtida.

A primeira hora da mañá os ordenadores están libres e pode aproveitarse para navegar para entrar no tuenti ou mirar o correo. É o que fan Irina e Estela.


E, con sorte, tamén é posible conectarse no descanso.

Irene e Carlos foron hoxe agasallados cuns chapeos.




Tamén hai outro modelo con luces e outro cunha trenza laranxa que onte recibiron xa algúns rapaces e que de seguro levarán na maleta.

Despois de xantar no lugar de sempre, fomos andando ata o castelo de Malahide.

Atravesamos o parque e chegamos a tempo para a visita, neste caso acompañada dun texto gravado que se ía escoitando nas distintas estancias polas que iamos pasando. Nin apareceu a pantasma Puck nin tampouco a de Lady Talbot.
Antes de entrar, fixemos a obrigada foto de grupo.


Ignacio cubríase da choiva co Bid Dogs, unha irish megaumbrella, na que cabían media ducia: Susana, Irina, Ignacio, Iria, Andrea e Viky.


Ao saír, na zona de columpios probaron todos cantos había e pasárono tan ben como no mellor parque de atraccións.
Alba, Estela, Ébora, Carlos G., Diego, Enrique, Carlos E. e Alejandro na "centrifugadora".


Alejandro nunha especie de cesta voadora.


No bambán: Enrique,

Alba,

Ébora e Marga.

Ruth e Carola na tirolina.

Irene e María e no gran tobogán.



En definitiva, hoxe foi un día tranquilo e relaxado, sen as présas e as camiñatas doutras veces.

Durante todo a tarde estivo chovendo, o que aquí chaman showers, ou sexa ducha. Mañá temos a excursión co colexio a Glendalough, a ver se hai sorte e temos bo tempo. Pero cando menos non estamos pasando as tremendas calores de Ourense nestes días.

2 comentarios:

  1. Familia Gargallo Fernández10.7.10

    Ola, bos días.
    Efectivamente, aquí vai moita calor. Hoxe, 10 de xullo o meu fillo Carlos está de cumpleanos. Nada menos que 15 aniños. A súa familia quere enviarlle a través do blog moitos parabens e 15 millóns de bicos.
    Happy Birthday Charles.
    Precioso blog.

    ResponderEliminar
  2. Carlos non nos dixo nada, pero xa lle enviamos un sms felicitándoo e anunciándolle que mañá non se libra da canción nin do tirón de orellas, aínda que sexa con retraso.

    ResponderEliminar