7 jul 2010

7 DE XULLO

Hoxe foi un día moi tranquilo e relaxado. Aínda que pola mañá ameazaba choiva, ao final foi o mellor desde que chegamos: non caeu nin unha gota de auga e pola tarde luciu un sol espléndido.
Pola mañá, clases normais, sen nada especial que comentar.
Nun dos corredores da escola colga este cadro que nos recorda que "o camiño do éxito está sempre en construción" e reúne algúns aforismos ben interesantes.
Pola tarde a nosa guía, Kate (unha rapaza moi agradable e amable que vive en Seabury e estuda irish no Trinity College), acompañounos á actividade de voleibol. O plan era coller o bus e ir ata a praia de Portmarnock, pero como o bus se facía esperar,  acabamos na praia de Malahide, que tampouco está mal. O importante é que os rapaces o pasaron ben e disfrutaron dun tempo de lecer na praia.
Viky e Lúa axudaron na tarefa de despregar a rede.


e Noelia e Adrián encargáronse de suxeitar ben o poste.


E tamén axudaron Alba e Ébora.



E,  a continuación, divididos en dous grupos, disputaron un reñido partido.


Máis tarde, deixamos a area e fomos ata a herba e Andrea amosounos as súas habilidades facendo o pino.

Descansamos outro pouco e regresamos a Malahide, pendentes xa de como iamos facer para ver o partido desta noite. A ver que pasa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario