12 jul 2010

12 DE XULLO

O luns, despois do descanso dominical -non exactamente- regresaron as clases. Carlos, Ruth e Carola, na aula de Upper Intermediate


Reunión no descanso.


Despois de comer fomos a Dublín para visitar a Christ Church Cathedral, un das tres catedrais da cidade e a máis antiga das dúas medievais (s.XI).  Mentres agardabamos, aproveitan para facer que dormen, e fano moi ben.


Percorremos as naves lendo as explicacións do folleto que nos entregaron e descendemos tamén á cripta para ver, entre outras moitas cousas, a parella do gato e o rato momificados que quedaron atrapados entre os tubos do órgano.




Despois cruzamos a rúa e visitamos Dublinia & the Viking World, a recreación interactiva da época viquinga.
   


Alejandro, un very Viking Man.


E  Carlos, espectacular!

E, tras un breve tempo libre por Temple Bar, regresamos a Malahide.

1 comentario:

  1. Anónimo13.7.10

    Á parte de todo, as fotos son preciosas. Non cambiedes a pesar de que seica vos vai vir a chuvia. Polo que din os homes do tempo aquí, ides ter unha borrasca fermosota os próximos días. A mal tempo, good face. Un bico e graciñas, AF.

    ResponderEliminar