12 jul 2010

11 DE XULLO

O domingo foi un día especial. Todo o grupo se apuntou á excursión  voluntaria e pasamos un día moi agradable e, ao tempo, moi intenso. O sol luciu espléndido e permitiunos disfrutar do noso paseo de norte a sur pola baía de Dublín.
Ás 11 partimos de Malahide cara a Dalkey,  unha pequena vila onde residen algunhas celebridades irlandesas: os cantantes Bono, Enya e The Edge de U2 e tamén o director Neil Jordan. Nós tiñamos xa reservada a visita ao castelo. Despois de ver un documental sobre a historia da localidade, asistimos á visita guiada teatralizada por un grupo de actores. Primeiramente recibiunos unha delicada lady que nos contou a historia dos Tudor e nos foi amosando as dependencias do seu castelo.


Lord Charlie e Diego escoitaron atentamente.


A lady fuxiu en canto fixo acto de presenza o seu marido.

Despois, subimos ao primeiro andar do castelo e alí Adrián foi castigado no cepo (algo faría!).


Irea aguantou a extracción duns cantos dentes por parte do barbeiro.

Enrique soportou as súas técnicas cirúrxicas abondo dolorosas e o pobre acabou desmaiado.


Carlos amosounos as súas habilidades co arco.


 Despois paseamos pola torre do castelo, contemplando a fermosa baía e, por suposto, berramos "Hail the King!"


Máis tarde, o cociñeiro explicounos algunhas das súas "deliciosas" receitas.


En fin, unha actividade moi moi divertida e tamén unha interesante clase de inglés.
Despois aproveitamos para comer en fronte da illa de Dalkey


E Noelia e Andrea axiña atoparon cómodo asento para degustar o packed lunch.


Despois de comer, collemos o tren e continuamos ata Bray, centro tradicional de vacacións para os dublineses, cunha longa praia moi frecuentada. Atopamos un pequeno parque de atraccións e, aos poucos minutos, xa non había ningún rapaz á vista. A algúns localizámolos despois subidos neste artefacto.


O seguinte destino, xa de volta cara a Dublín, foi Sandycove. Achegámonos ata a Martello Tower, lembramos a presenza de James Joyce neste lugar e, sobre todo, a especial circunstancia de que é nesta torre onde se sitúa o capítulo primero da súa novela O Ulises. Falamos un pouco de Stephen Dedalus e de Leopold Bloom, lembramos o Bloomsday e, como non?, acordámonos do noso roteiro da Esmorga que tanto se lle asemella. Tamén lemos un pequeno fragmento do comezo da novela. En fin, unha brevísima clase de literatura, que nunca está de máis.


Fomos ata o Forty Foot, a piscina mariña onde se bañaban nus os homes e onde tamén se bañaron os personaxes de Joyce. Alejandro deuse o luxazo de tomar tamén un baño.  


  


Ante o abraio e envexa dos colegas.

Xa de volta en Malahide, ceamos e fomos ata o Grand Hotel onde o ICE reservara o salón Tara para que os españois puidésemos ver o partido. Unha gran sala, cunha gran pantalla, repleta de estudantes da escola.
Cumprimos eficazmente o noso papel de entusiastas seareiros

E celebramos a victoria. Irina especialmente.
Un día inolvidable!

No hay comentarios:

Publicar un comentario