13 jul 2010

13 DE XULLO

Martes. Último martes xa. As clases continúan ao seu ritmo normal, de 9 a 12, co habitual descanso ás 10:30.

Pola tarde desprazámonos ata Dublín acompañados de Owen, o novo guía, un rapaz moi salado, que se enrolla moi ben cos rapaces.

Na James Joyce Bridge, ponte deseñada por Santiago Calatrava, inaugurada en 2003, e 1ª das dúas pontes do arquitecto en Dublín.

A actividade de hoxe consistiu na visita ao Collins Barracks Museum, a sede máis importante do National Museum of Ireland, que contén o Decorative Arts and History Museum, situado nun inmenso edificio que foi cuartel do exército.
Unha hora non dá para moito pero puidemos percorrer as distintas salas que reúnen coleccións de moedas, obxectos de prata de uso relixioso e doméstico, mobiliario, tapices... unha gran variedade de pezas de gran beleza. Tamén vimos a exposición das Irish High Crosses, consistente na réplica das máis importantes cruces irlandesas. As dúas máis interesantes son as de Monasterboice, que nós xa vimos en vivo e en directo hai uns días.

 Foto de grupo con Owen no patio central do Collin Barracks Museum

Despois de visitar o museo, fixemos un pequeno traxecto en tranvía (o Luas), que era o único medio de transporte que nos quedaba por utilizar.
E, como sempre que viñemos a Dublín andamos con présas para coller o tren e regresar a  cear, hoxe cambiamos de plans e quedamos todos a cear na cidade, para deste modo ter tempo abondo para pasear, comprar. Reunímonos despois en Temple Bar e regresamos todos xuntos a Malahide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario