18 jul 2010

17 DE XULLO

E chegou o remate. O tempo pasa axiña e xa estamos de novo na casa.


E este blog-diario chega necesariamente á súa fin.


Agora é o momento de:

  gardar ben o diploma que recoñece o esforzo destes dúas semanas,

     ver as numerosas fotos e vídeos destes días irlandeses,

         meter os vaqueiros na lavadora,

             durmir e durmir por fin, sen estar pendentes do reloxo,

                 contar as experiencias e anécdotas da viaxe...


Aínda que tamén é certo que botaremos en falta moitas cousas (ou non):

 as casas sen persianas,

     as comidas no p. parque,

         os sandwichs con manteiga,

             as carreiras por Dublín para pillar o Dart,

                  as reunións no parque de Seabury,

                       as cancións no tren ou onde cadrase,

                            os paseos por Temple Bar...

As profesoras que acompañamos esta “expedición” queremos felicitar e agradecer aos rapaces e rapazas polo seu comportamento exemplar, polo seu bo humor, pola boa relación e cordialidade que tiveron sempre entre eles e con nós… Con rapaces así pódese viaxar a calquera lugar do mundo.

Cremos que os obxectivos previstos cumpríronse  e estamos satisfeitas dos resultados obtidos. Foi unha experiencia interesante e enriquecedora para todos.

That’s all (?)

Bicos para todos e todas. E FELIZ VERÁN!

2 comentarios:

  1. Anónimo18.7.10

    Moitas gracias as mestras por enseñar, acompañar e traer tan contentos os nenos.Feliz verán a todos. Marta Pouso.

    ResponderEliminar
  2. José Manuel Gargallo18.7.10

    Queremos agradecer e felicitar ás profesoras polo traballo realizado dende a preparación ata o remate da viaxe e sobre todo pola atención para cos nosos rapaces e rapazas.
    Estamos seguros que será unha experiencia inexquecible para todos.

    Moitas grazas

    ResponderEliminar