Viky, Enrique, Iago, Irina, Iria e Lúa amosan os símbolos de Irlanda con que foron agasallados.
Uns locen a bandeira no brazo,
Iria e Lúa escollen os trevos,
mesmo na cara, como Nacho.
Despois das clases, hoxe decidimos preparar pola nosa conta un programa de actividades para a tarde. Collemos o tren ata Howth.
E, mentres agardabamos o transbordo en Howth Jonction, aproveitamos para felicitar a Carme polo seu santo cantándolle unha canción.
Demos un bonito paseo por Howth. Pasamos polo porto pesqueiro e vimos varias focas á espera de pillar algún peixe. Sen embargo, non vimos a balea que onte andaba polo lugar e que se converteu na noticia do día en todos os telexornais.
Tamén paseamos polo porto deportivo e percorrermos o longo espigón que nos levou ata o faro, fronte a Malahide.
Susana e Virginia ante a Ireland's Eye, a illa situada fronte a Howth.
Logo do paseo, collemos o tren e fomos a Dublín para visitar un museo que non tiñamos previsto, pero que non queriamos abandonar Irlanda sen telo visto: o National Museum of Ireland de Arqueoloxía. Vimos a Colección Ór, que reúne xoias de ouro -colares, brazaletes, broches, pendentes- da Idade de Bronce, tamén a piragua do terceiro milenio antes de Cristo e a máis antiga embarcación de Irlanda, e tamén as 4 impresionantes figuras humanas momificadas,convertidas en coiros.
Despois, cruzamos o río pola Sean O'Casey Bridge, ao lado da recén aberta Samuel Beckett Bridge, de Calatrava.
Virginia e Susana a carón do Liffey.
Diego, Carlos G. e Carlos E. e ao fondo a Samuel Beckett Bridge.
E chegamos ao Famine Memorial, un grupo escultórico que lembra a Great Famine o Great Hunger, a tremenda fame que viviu Irlanda a mediados do XIX, debido á perda da colleita de patacas por causa dun fungo. Entre as mortes producidas pola fame e polas epidemias, e a emigración a outros países, Irlanda perdeu un cuarto da súa poboación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario